ConcellosO BarcoO BoloTrivesÚltima hora

Novo descenso nos positivos de Covid en centros educativos de Valdeorras

 

Continúan a reducirse os casos activos de Covid-19 nos centros educativos da comarca de Valdeorras. Así, da listaxe que emite a diario a Xunta de Galica desaparece neste venres 30 de outubro o positivo que ata o de agora viña rexistrado o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín, que arestora queda libre de virus.

As cifras nos centros barquense mantéñense: o CEIP Ramón Otero Pedrayo ten 1 positivo, a Escola Infantil Los Juglares mantén 3 positivos, o CEIP Julio Gurriarán 1, o IES Lauro Olmo 1 e o IES Martaguisela 2. Tamén segue cun positivo o CEIP do Bolo. Deste xeito, son un total de 9 os positivos en Valdeorras (1 menos que onte).

Ademais, o IES Xermán Ancochea de Trives segue tendo 2 positivos en Covid.

Por outra banda, no veciño concello de Quiroga, xa na provincia de Lugo, o seu instituto continúa cun positivo.

Artigos relacionados

Back to top button