
A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nos últimos días de 8 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas no Hospital Público de Valdeorras no Barco. Trátase dun home de 100 anos que falecía o 29 de xaneiro.
Ademais perdían a vida outras 7 persoas na comunidade: o 28 de xaneiro unha muller de 85 anos (que procedía da Residencia de Tomiño) e unha muller de 60 anos no CHUVI, e un home de 73 anos no CHUS; o día 29 unha muller de 72 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e o día 30 de xaneiro un home de 84 anos no CHOP, un home de 89 anos e un home de 73 anos no CHUS.
As oito persoas falecidas tiñan patoloxias previas.