ConcellosÚltima hora

Novo incendio forestal no Parque Natural do Invernadeiro, desta volta en Pradoalbar

Parece que ser que foi producido por un raio e afecta polo momento a unha superficie de 3,2 hectáreas

 

Apenas un día despois de que se extinguise un dos dous incendios (o outro quedaba extinguido o domingo) que se declaraban o 22 de agosto no Parque Natural do Invernadeiro (Vilariño de Conso), en concreto na parroquia de San Mamede de Edrada, o lume volve a este espazo protexido ourensán.

A Consellería do Medio Rural vén de informar dun novo lume forestal nesta mesma zona, pero desta volta na parroquia de Padroalbar, e que afecta tamén o parque natural do Invernadeiro.

O incendio comezaba ás 08:54 h. da mañá do 28 de agosto e parece que ser que foi producido por un raio. Ás 16:20h. desta tarde estaba xa estabilizado.

Segundo as últimas estimacións feitas públicas, afecta unha superficie de 3,2 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 4 axentes, 16 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 5 avións.

 

Artigos relacionados

Back to top button