EconomíaEconomíaÚltima hora

Novos acordos de colaboración de ABANCA con Aeva e co Centro Comercial Aberto O Barco

A presidenta de AEVA Araceli Fernández e o director da oficina de ABANCA, José Vicente García.

 

ABANCA ven de asinar novos acordos de colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva) e co Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, co obxectivo de “apoiar aos negocios de proximidade fronte aos desafíos que están a vivir no contexto económico actual”.

Os dous convenios foron rubricados esta mañá na localidade ourensá por parte do director da oficina de ABANCA, José Vicente García; a presidenta de Aeva, Araceli Fernández del Palacio; e o presidente do CCA O Barco, Jacobo Arias.

Grazas a estes acordos, os empresarios adheridos “terán acceso ás vantaxes que se inclúen no documento, no que destaca un plan de financiamento creado especificamente para dar resposta ás necesidades do colectivo. No acordo detállanse produtos e servizos pensados para levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade dos negocios asociados”, aseguran dende Aeva. Deste xeito, poderán acceder a produtos personalizados, como préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

 

O presidente do CCA Jacobo Arias e o director da oficina de ABANCA, José Vicente García.

 

Por outra banda, para adaptarse ás necesidades máis inmediatas da actividade diaria do comercio comarcal, o texto recolle “outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou confirming”. As persoas asociadas poderán tamén beneficiarse das diferentes liñas de financiamento oficial que ABANCA ten subscritas con diversos organismos públicos.

Os comerciantes e empresarios de Valdeorras poderán beneficiarse igualmente de condicións melloradas na contratación de TPV, tanto físicos como virtuais, e dun desconto do 20% na creación dunha tenda online, grazas ao acordo da entidade coa empresa Palbin. Ademais, terán acceso ás vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais grazas á súa vinculación co banco.

Artigos relacionados

Back to top button