CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Nuria Martínez (GH VIP) e Doc Magoo’s estarán esta noite no Bravo Lux da Rúa

A convidada visitará o establecemento a partir da medianoite e despois comezará o concerto

Doc Magoo’s.

 

O Bravo Lux continúa coa súa programación de luxo para este Nadal. Esta noite (sábado 21 de decembro) a partir das doce, visitará este establecemento Nuria Martínez de Gran Hermano VIP e unha hora máis actuará o grupo Doc Magoo’s cun repertorio centrado en clásicos dos 60 e 70.

Así, na Rúa soarán cancións míticas do panorama internacional de recoñecidos grupos de rock como The Doors, Rolling Stones, Beatles, Bob Dylan ou Neil Young. Xabier (guitarra), Mani (batería), Napo (baixo), Franki (guitarra), Pierrez (teclado) e Mr. Taín (voz e guitarra) chegan dende Monforte de Lemos para “revivir unha noite de “chupa” de coiro e gafas de sol, ao estilo Dylan”, aseguran dende Hermanager Producións.

 

Artigos relacionados

Back to top button