CulturaCulturaÚltima hora

O 25 de agosto, último día para disfrutar da mostra “40 anos de Estilo Verino” en Verín

O deseñador ourensán, Roberto Verino./ Foto: Brais Lorenzo.

 

A mostra de fotografías dos 40 anos de estilo Verino chega ao seu fin este xoves 25 de agosto. Logo de case dous meses trala súa apertura, o resumo de afluencia non pode ser máis positivo. Para os que aínda non acudiron, se trata de 40 fotografías representativas destas catro décadas de moda, na que se pode ver a evolución da propia da enseña e na que o fío conductor é un estilo propio e inconfundible que se percibe nas instantáneas.

“Se nos percatamos no que nos aporta esta selección de fotos, podemos ver unha linguaxe propia que vai no noso ADN. Un código de elegancia, sen estridencias, con selo para todos aqueles que desexan estar ben consigo mesmos”, aporta o deseñador verinés.

A retrospectiva segue o seu percorrido e a vindeira parada é a cidade de A Coruña, na que estará na Fundación Luis Seoane dende o 1 ao 25 de setembro. Posteriormente percorrerá outras 10 cidades españolas neste 2022 e 2023 entre as que están: Sevilla, Oviedo, Santander, Madrid, Zaragoza, Burgos, Barcelona, Santiago de Compostela e Bilbao.

Artigos relacionados

Back to top button