EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

O 30 aniversario de Godeval en imaxes

Cun concerto da cantante Uxía Senlle, acompañada á guitarra do Sérgio Tannus, concluía a celebración do 30º aniversario da Adega Godeval, con sede en Xagoaza (O Barco) o pasado 2 de xullo. Este acto congregaba ao carón dos viñedos de Godeval a unhas 130 persoas, que desfrutaban dunha degustación de variados e orixinais pinchos, elaborados polo cociñeiro barquense Víctor Fernández. Estaban maridados polos viños que elabora esta adega, que apostou dende os seus inicios pola variedade godello: Godeval e Godeval Cepas Vellas.

Ademais ofrecíase unha coctelería con augardentes e licor desta adega, da man de Diego Mosquera. A velada prolongábase ata a media noite.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis fotos: https://osil.info/godeval-festexa-o-seu-30-aniversario-en-xagoaza/

Artigos relacionados

Back to top button