DeportesPiraguismoÚltima hora

O 55º Descenso do Sil-Memorial Julián Trincado Settier celebrarase o 16 de setembro

A saída da proba darase ás 18h. dende Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e a súa meta estará na praia fluvial do Barco

Imaxe da pasada edición do Descenso do Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O 55 Descenso do Sil-Memorial Julián Trincado Settier, unha proba deportiva vinculada ás Festas do Cristo do Barco, terá lugar o vindeiro sábado 16 de setembro. Na proba, con saída ás 18h. baixo a ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), os padexeiros afrontan un percorrido de 7,5 quilómetros, que conclúe na praia fluvial do Malecón do Barco.

Nel toman parte deportistas federados das categorías cadete, xuvenil, senior e máster, tanto de homes como de mulleres, nas modalidades de K1, C1 e K2. Neste último caso tamén compiten equipos mixtos, segundo a información feita pública pola organización, en mans do Concello do Barco e da Federación Galega de Piragüismo.

Novamente este ano haberá tren fluvial de balde. Sairá ás 17:30h. da estación de ferrocarril do Barco e esta viaxe estará animada pola charanga Achicoria de Xinzo de Limia.

Coincidindo co Descenso do Sil terá lugar un descenso popular, cuxa meta estará na zona do Cachón, nas Casas Baratas do Barco.

Máis información sobre esta e outras citas deportivas das Festas do Cristo, no monográfico do Periódico O SIL.

O Sil pon na rúa o seu “Especial Cristo 2023”, con motivo das festas do Barco

Artigos relacionados

Back to top button