Andainas-Trails-OrientaciónDeportesGalerías de fotosÚltima hora

O 5º Gran Premio de Montaña e Andaina da Rúa, en imaxes

 

Tras un ano de parón por culpa da pandemia, na mañá deste domingo 3 de outubro atletas chegados dende diferentes partes de España e mesmo Portugal, participaban na 5ª edición do Gran Premio de Montaña e Andaina Galitiming da Rúa.

Cunha saída marcada pola chuvia, a néboa e mesmo o frío, aínda que despois sairía o sol, a deste 2021 foi sen dúbida a edición máis dura (cuns percorridos mollados e esbaradizos) e tamén a máis numerosa, con 210 inscritos aínda que finalmente eran 180 os que tomaban a saída.

Nesta galería de imaxes cedidas por unha das voluntarias do GPM organizado polo Club Atletismo Rúa, podemos ver a algúns dos participantes ao longo do percorrido nalgunha das catro modalidades: maratón, trail, andaina e mini trail.

Fotos: Elba Arias.

Máis información e fotos nos seguintes enlaces:

https://osil.info/a-edicion-mais-epica-e-numerosa-do-gran-premio-de-montana-a-rua/?fbclid=IwAR37yI4gOWMD6txZrraF-i50pQWBJ9M7N6i8JmPAsvGVmYdq5VsMMHxLzkA

https://osil.info/juan-jose-fernandez-pena-trevinca-barco-3o-no-mini-trail-do-gpm-da-rua/

Artigos relacionados

Back to top button