O aceite de Quiroga acompañará novamente a La Vuelta ciclista a España. Este produto formará parte novamente do expositor “…E para comer, Lugo”, que a Asociación de Hostalaría da provincia de Lugo (APEHL) coloca na zona vip de todas as saídas de etapa da volta ciclista. Así se presentou na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo nun acto ao que tamén acudía o alcalde de Quiroga, José Luís Rivera.
La Vuelta comezará o 17 de agosto en Lisboa (Portugal), onde desenvolverá as tres primeiras etapas. Este ano terá numerosas etapas no norte peninsular, catro delas en terras galegas. En total os ciclistas disputarán 21 etapas que os levará a recorrer unha distancia de 3.265 quilómetros ata o seu remate o 8 de setembro.
“Esta é a quinta vez que o aceite de Quiroga participa nesta promoción turística que fai a asociación de hostalería da provincia dende hai doce anos e na que participan unha vintena de produtos presentados por distintos consellos reguladores da provincia entre os que destacan dentro da zona da Ribeira Sa-cra, o viño, as galletas mariñanas de Chantada e o aceite quirogués”, informa o Concello de Quiroga. Será o propio persoal da asociación quen atenderá aos asistentes e, a maiores de servir aperitivos elaborados con produtos da terra, difundirá exemplares da última edición da guía turístico gastronómica “…E para comer, Lugo”.
Fotos: Concello de Quiroga.