OurenseÚltima hora

O Aceites Abril Ourense suma a sexta vitoria consecutiva

O equipo feminino de voleibol vencía ao Universidad de Oviedo por 3-0
O equipo de voleibol Aceites Abril Ourense celebrando a vitoria.

Cunha importante e merecida vitoria ante o equipo asturiano La Curtidora Universidad de Oviedo, celebraban as rapazas do Aceites Abril Ourense o seu particular magosto.

O sexto partido de liga en primeira división nacional feminina tiña lugar na mañá do 11 de novembro no polideportivo ourensán de O Pompeo, e resolvíase con tres sets (25-19/ 25-19/ 25-13) para o conxunto local que suma así a sexta vitoria consecutiva. Un resultado que sitúa ao conxunto na segunda praza da clasificación, a tan só un punto do Sayre de Gran Canaria.

Malia que o equipo local se presentaba ao partido con catro importantes baixas, foi capaz de despregar un xogo “moi regular durante todas as fases do encontro”, aseguran dende o club, explicando que o partido tivo un claro dominio local que se viu reflecitdo no marcador. “Os dous primeiros sets solventáronse cun contundente 25-19 e no terciero as ourensás demostraron a súa superioridade ganando por un cómodo tanteo de 25-13”.

Artigos relacionados

Back to top button