Dobre título para o Adas do Barco no Campionato galego Sub12 que se disputaba neste sábado en Ribeira. Os atletas valdeorreses dominaban por completo a competición asegurando, en primeiro lugar, o seu título na categoría feminina. Nela o Adas sumaba un total de 113 puntos, cunha notable vantaxe sobre o segundo clasificado, o Ourense Atletismo con 87 puntos, mentres que a Atlética Lucense era terceira con 83.
Ademais o equipo valdeorrés impoñíase posteriormente na categoría masculina, aínda de que forma máis axustada, sumando un total de 106 puntos. O segundo posto neste campionato galego Sub12 feminino correspondíalle á Viguesa de Atletismo con 101 puntos e o terceiro ao Club Deportivo Pinarium con 77,5 puntos.