
A pista de atletismo de Expourense continuaba acollendo competicións nesta fin de semana. O 7 de marzo era escenario do XLIII Campionato de Galicia Sub20 en Pista Cuberta e do XXXIII Campionato de Galicia Sub16 en Pista Cuberta.
Nesta competición non faltaba a presenza valdeorresa nin os podios. Así o Club Adas do Barco conseguía un total de tres medallas. Nerea Fernández en pértega Sub20 (cunha marca de 2,60 m) e Marcos Flecha (1,67 m) en altura Sub16 convertíanse en campións galegos. Ademais, Aldara Basteiro lograba o bronce en altura Sub16 cun salto de 1,49.

