DeportesEn portadaÚltima horaVídeos

O Adas Cupa do Barco suma 8 podios no Campionato de España de 10K no Barco

Publicidade

 

Excelente actuación do Club Adas do Barco no Campionato de España de 10Km que se celebraba nesta mañá no Barco. Sumaba, segundo os resultados provisionais da proba, un total de oito podios entre os individuais e os acadados por equipos.

Así, en canto a resultados individuais os atletas do Adas sumaban catro pratas nacionais da man de Iván Docampo en M40, Esther Rodríguez en F40, José Manuel Fernández en M50 e Ricardo Vázquez en M45.

No que se refire aos resultados por equipos o Adas facíase coa vitoria en categoría feminina M40, e na masculina na M50, M40 e M45.

Podio por equipos en F40

 

Podio por equipos M50

Podio por equipos M40

 

Podio por equipos en M45

Fotos: A.R.

En breve ampliarase información e galerías fotográficas sobre este campionato de España.

 

Artigos relacionados

Back to top button