DeportesÚltima hora

O Adas do Barco, entre os clubs galegos que acudirán ao Campionato de España de campo a través

Tras facerse con 3 títulos galegos na Rúa, competirá nas categorías absoluta masculina e feminina e nos relevos mixtos

Atletas absolutas do Adas Cupa do Barco, disputando o campionato galego de cross na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un total de vinte e dous clubs galegos tomarán parte os días 12 e 13 deste mes no Campionato de España de campo a través, que se celebrará na localidade burgalesa de Atapuerca. Esta cita nacional congregará a máis de douscentos clubs achegados de todo o Estado.

Á proba concurren os campións galegos da recente edición autonómica disputada na Rúa, destacando a participación do Adas Cupa do Barco, quen poñerá en valor o título galego absoluto conquistado en ambas categorías.

Relación de equipos galegos clasificados por categorías:

Sub16 Feminino: La Mochila del Deporte, C.D. La Purísima e Atletismo Narón
Sub16 Masculino: A.D.Fogar e Atletismo Narón
Sub18 Feminino: Comesaña S.C.
Sub18 Masculino: Atlética Lucense, S.D. Compostela Atletismo e Riazor Coruña
Sub20 Feminino: Sociedad Gimnástica
Sub20 Masculino: Real Club Celta e C.D. La Purísima
Sub23 Feminino: C.Atletismo Santiago
Sub23 Masculino: C.Atletismo Santiago
Absoluto Feminino: ADAS CUPA e At. Femininio Celta
Absoluto Masculino: ADAS CUPA e S.D. Compostela Atletismo
Relevo Mixto: ADAS CUPA, C.Atletismo Sada, S.D. Compostela Atletismo e C.Atletismo Ribadeo

Artigos relacionados

Back to top button