DeportesÚltima hora

O Adas do Barco, entre os clubs que disputarán o Campionato de Galicia Sub20 de atletismo

Publicidade
Pistas de Pontevedra onde se disputarán os campionatos./ Foto: FGA.

 

O CGTD de Pontevedra acollerá o vindeiro sábado a dobre xornada o Campionato de Galicia de clubs para as categorías Sub16 e Sub20. Nesta cita tomarán parte un total de 32 equipos clasificados previamente por estadillo, entre eles o Club Adas do Barco no caso da Sub20, en representación das oito delegacións da Federación Galega de Atletismo (FGA) a través de un ou varios equipos participantes. De igual modo a práctica totalidade dos mellores especialistas Sub20 e Sub16 galegas e galegos, estarán tomando parte este sábado sobre o sintético pontevedrés.

“A importante aposta que se está facendo pola promoción e a canteira nos distintos clubs comeza a dar os seus froitos. Unha proba delo, son as numerosas entidades que mandaron estadillos para poder estar presentes nesta importante cita e que finalmente non lograrían estar entre ese Top-8 que daba acceso a este campionato”, aseguran dende a FGA.

Entre os equipos figuran a Atlética Lucense, Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Atletismo Ourense, que toman parte nas catro categorías en competición. De igual modo na Sub20, o Atletismo Femenino Celta defende o último título logrado en Ferrol na edición do ano 2019 (o ano pasado non se celebraría) así como o Atletismo Santiago, quen fará o propio na categoría masculina.

 

Artigos relacionados

Back to top button