Dende os primeiros momentos o Club Adas Proinor do Barco controlaba o I Campionato de Galicia de Campo a Través absoluto mixto por relevos, que se disputaba a partires das 13:45h. do 27 de xaneiro no circuíto do Aguillón (A Rúa). Na liña de saída situábase Sandra Mosquera, que xunto a Iván Roade, Joana F. Pereira e Alejo Ares.
A partir de aí, Mosquera comezaba a darlle forma a unha importante vantaxe que se evidenciaba xa no primeiro relevo, no que lle pasaba o testigo a Iván Roade, despois este atleta dáballo a Joana Filipa Pereira e, finalmente, era Alejo Ares o que sentenciaba esta competición, entrando en meta tras completar nun tempo total de 23:21 o circuíto de 7,8 km.
Tras o valdeorrés, o segundo clasificado era Carlos Porto, en representación da Sociedade Ximnástica de Pontevedra (23:50), mentres que en terceiro lugar cruzaba a meta Esteban Iglesias do Lucus Caixa Rural Galega. Esta proba pechaba unha completa xornada de campionatos galegos menores de cross na Rúa.
Fotos: Ángeles Rodríguez.
Máis información e fotos sobre os campionatos galegos de campo a través na Rúa:
https://osil.info/catro-podios-para-o-adas-no-23o-memorial-alejandro-lorenzo-na-rua/
https://osil.info/catro-metais-para-o-ourense-atletismo-no-galego-de-cross-sub16-e-sub18-celebrado-na-rua/