DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Adas Natación suma trece medallas no galego máster de verán

Ademais a nadadora Beatriz González batía o récord galego da súa categoría cun tempo de 1’41″23

Sobresaínte actuación valdeorresa no Campionato Galego de Natación Máster de Verán que se desenvolvía no pavillón ourensán dos Remedios na fin de semana do 3 e 4 de xuño. O Club Adas Natación do Barco acudía á cita con oito nadadores que colleitaban un total de trece medallas. Así, malia á reducida representación valdeorresa, os “resultados individuais foron francamento bos nas súas respectivas categorías”, aseguran dende o club.

A elas sumábase un récrod galego, o que conseguía Beatriz González Ríos na súa categoría cun tempo de 1’41″23. “É a primeira recordwoman dende a creación do noso club”, destacan dende o Adas Natación.

En canto ás medallas logradas son as seguintes:

Beatríz González: 100 braza: ouro
200 estilos: ouro
50 braza: prata
Eva Goicoechea:
50 mariposa: ouro
100 mariposa: ouro
Laura Garrido:
100 espalda: prata
400 libres: ouro
Jorge Espinosa:
50 espalda: prata
50 braza: bronce
Francisco Rodriguez:
400 estilos: prata
Manuela Rodriguez:
50 libres: prata
50 braza: bronce

Relevos femeninos +160:
4X50 libres: prata

Fotos: Club Adas Natación do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button