
As inclemencias meteorolóxicas dos últimos días provocaron danos na cuberta do pavillón polideportivo de Calabagueiros, no Barco de Valldeorras. Tal como explican dende o Concellos, os danos máis importantes eran producidos polo vendaval da semana pasada e nos últimos días unha empresa iniciaba as reparacións, que aínda non finalizaron.

“Buscouse unha solución provisional, para que se poida manter a actividade no pavillón (agora mesmo os inchábeis para os nenos) e os técnicos están a buscar unha solución definitiva”, explican, adiantando que o vento destes dous últimos días e a auga de hoxe obrigaban a colocar cubos para recoller a auga que cae na pista principal “debido ao desprazamento dunha das chapas da cuberta”, puntualilzan, asegurando que, por agora, “a situación está controlada e mantéñense os inchásbeis para os nenos ata mañá, tal e como estaba previsto, xa que non hai ningún risco para os usuarios”.
Se o tempo o permite, dende o Concello esperan poder solucionar definitivamente os danos a próxima semana.