ConcellosÚltima hora

O alcalde de Manzaneda reúnese co conselleiro de Política Social

Durante a entrevista abordaban a situación dos servizos sociais neste municipio do oriente ourensán

 

O alcalde de Manzaneda (primeiro pola dereita), na reunión co conselleiro de Política Social en Compostela.

A situación dos servizos sociais en Manzaneda poñíase sobre a mesa na xuntanza que o alcalde deste municipio ourensán, Félix Domínguez Cortiñas, mantiña co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, en San Caetano na mañá do 7d e xullo. No encontro abordábanse cuestións como o Centro de Día deste concello, a Residencia da Terceira Idade ou a Lei da Dependencia, tal e como indicaba o rexedor de Manzaneda.

Ao finalizar o encontro, ambos mandatarios acordaron seguir estudando posibles novas vías de colaboración entre a administración autonómica e a local para mellorar os servizos de atención aos cidadáns.

Artigos relacionados

Back to top button