OurenseÚltima hora

O alcalde de Ourense e o delegado da Xunta abordan, entre outros temas, a ampliación do CHUO

A reunión entre Gonzalo Pérez e Gabriel Alén tamén serviu para tratar tres proxectos da cidade

O alcalde de Ourense é recibido polo delegado da Xunta en Ourense.

 

Na mañá deste luns 15 de febreio, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, era recibido polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, para tratar unha ducia de asuntos, entre eles a ampliación do Complexo Hospitalario, xa en marcha.

A xuntanza, solicitada desde o Concello de Ourense, serviu tamén para abordar “tres inquedanzas que debemos responder con prontitude”, en palabras de Pérez Jácome. A primeira, unha demanda de solo para a construción dunha “mini-cidade administrativa”. O alcalde búscalle unha saída ás demandas de tres administracións no referente ao espazo na cidade: os 14.000 m2 para as dependencias administrativas da Xunta de Galicia; os 5.500 m2 da Confederación Hidrográfica Miño-Sil; e os 9.000 m2 que precisaría o Concello de Ourense para unificar todas as súas dependencias.

 

Un momento da reunión de Gonzalo Pérez con Gabriel Alén.

 

Ademais, tamén se puxo sobre a mesa o Centro de Intelixencia Artificial que promove o goberno municipal, para o que Gonzalo Pérez Jácome busca apoio económico por parte do goberno galego e novos proxectos nos que traballar en conxunto.

O último dos grandes temas foi unha nova cualificación de terreos na zona do antigo matadoiro, onde o Concello quere construír un parque acuático termal operativo todo o ano.

Artigos relacionados

Back to top button