ConcellosQuirogaÚltima hora

O alcalde de Quiroga presenta unha reclamación polos cortes de telefonía móbil e internet no municipio

"Non se pode permitir que esta operadora tivese ao municipio durante seis horas incomunicado (entre as catro da tarde e as dez da noite de onte)" resalta o rexedor)

O alcaldade de Quiroga, Julio Álvarez./ Foto: Concello de Quiroga.

 

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, ven de presentar unha reclamación ante a compañía “Movistar polo corte de cobertura na tarde de onte no servizo de internet e telefonía móbil”. Julio Álvarez considera que “non se pode permitir que esta operadora tivese ao municipio durante seis horas incomunicado (entre as catro da tarde e as dez da noite)”.

Esta incomunicación coincidiu con que na vila de Quiroga se atopaban máis de 5.000 persoas, por coincidir coa celebración da proba Quiroga Trail Challenge á que acudiron máis de 1300 corredores acompañados das súas familias.

O rexedor local anunciou que tomará todas as medidas legais oportunas contra esta compañía por “este nefasto servizo, que se leva producindo dende o mes de setembro do 2021 cando se produciu o gran incendio dos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Pobra de Brollón que afectou ás antenas de telefonía”.

Julio Álvarez afirma que “é inconcibible que despois de tanto tempo unha das compañías de telefonía máis importantes do país non sexa capaz de solucionar os seus problemas de cobertura e que a veciñanza teña que sufrir continuamente cortes nun servizo que paga”.

Por todo isto o rexedor local esixe que “a compañía solucione canto antes os problemas que impiden que Quiroga teña o servizo que cada usuario ten contratado e polo que ten que abonar a súa correspondente cota”.

Artigos relacionados

Back to top button