Construír Europa coas autoridades locais. É o obxectivo dunha rede integrada por correspondentes locais da Unión Europea que traballan en cooperación para fomentar a comunicación sobre temas relacionados coa UE. Nesta rede vén de estrearse como correspondente o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, que esta semana recibía a placa e o diploma que o acredita como tal. Trátase ademais do primeiro en Galicia, tal e como destaca o propio rexedor.
O proxecto posibilita que estes representantes políticos colaboren e difundan información sobre asuntos da UE que afectan á súa circunscrición a escala local. Tamén axudará a impulsar a implicación da cidadanía e a establecer debates ao redor deses mesmos temas, así como sobre o futuro de Europa. A súa finalidade xeral é contribuír á creación dun auténtico ámbito público europeo.

Unha vez que a Comisión Europea acepta a solicitude formulada, pasan a ser membros da rede, os correspondentes locais establecerán discusións e debates co electorado da súa circunscrición e/o os medios de comunicación locais sobre as iniciativas e medidas políticas levadas a cabo pola UE.

Crear conversacións sobre a UE a escala local é esencial para manter o impulso xerado pola Conferencia sobre o Futuro de Europa e no marco de NextGenerationEUES, din dende os promotores da iniciativa.
O proxecto está organizado en estreita colaboración coa Rede europea de correspondentes rexionais e locais da UEES do Comité Europeo das Rexións.
Fotos: Carlos G. Hervella.