En portadaÚltima hora

O alcalde do Barco, novo presidente da Asemblea do Eixo Atlántico

Dentros dos obxectivos desta entidade para este ano figura, no ámbito das infraestruturas, o impulso da A-76

 

Matosinhos (Portugal) vén de acoller a XXVIII Asamblea General del Eixo Atlántico (reúne a alcaldes dos 35 municipios, galegos e portugueses) na que se fixaban como principais obxectivos para o 2020 a cohesión social, a crise demográfica e a captación de investimentos e talento, no marco do desenvolvemento da axenda Urbana do Eixo. Ademais aprobábase un orzamento de 3,9 millóns de euros para o presente exercicio e a incorporación das ciudades de Póvoa de Varzim e Culleredo. Ademais o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, exercerá como novo presidente da asemblea.

“Para fixar poboación na eurorrexión é preciso atraer novos investimentos que xeren emprego e tecido económico-empresarial que atraiga talento e permita á poboación establecerse e fixarse no territorio. A estas dúas liñas de traballo, únense a cohesión social e a crise demográfica”, segundo indica o Eixo.

No ámbito das infraestruturas manteranse reunións cos ministros responsables de obras públicas de España e Portugal “para o seguimiento das actuacións previstas no 2º Paquete de Infraestruturas paralizadas polos procesos electorales de ambos países para concluír ou avanzar obras como o corredor del Atlántico, no ámbito ferroviario e as conexións viarias entre Ponferrada-Barco de Valdeorras-Monforte-Ourense, ou tramo pendiente da conexión Lugo-Santiago e a mellora da estrada que une Bragança con Puebla de Sanabria”, segundo o Eixo.

 

Artigos relacionados

Back to top button