A RúaConcellosÚltima hora

O alcalde e concelleiros da Rúa prepáranse para a Romaría de San Marcos que se celebrará mañá en Almendralejo

 

Aínda que o Salón do Viño e da Aceituna de Estremadura, Iberovinac, celebrada en Almendralejo clausurábase o venres, parte da embaixada ruesa permanece na cidade irmandada coa Rúa para participar na Romaría de San Marcos que se celebrará mañá, incluíndo unha peregrinación.

Así, na xornada deste domingo 24 de abril o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández e os concelleiros Joana Gómez e Raúl Yáñez visitaban a ermida do santo, patrón dos campos de Almendralejo. Eran recibidos por membros da directiva da Irmandade de San Marcos entre eles a irmá maior da confraría, Catalina Pérez, que recibían dos rueses algúns dos produtos que se entregarán mañá no “almorzo dos romeiros” xusto antes de iniciarse a procesión (bicas manteigadas, tartas de Santiago e licores varios de adegas ruesas). Pola súa banda, o alcalde e os dou edís rueses recibían os “imprescindibles” que se necesitan para facer o “camiño”: a medalla do santo, o pano vermello da romaría e a vara da irmandade.

Rematada a visita, a embaixada ruesa visitaba a avenida que Almendralejo ten adicada á vila irmá  ourensá, así como a sinal que marca a distancia entre as dúas localidades. Cada cartel atópase nunha das saídas e/ou entradas da cidade.

 

O alcalde da Rúa e dous dos seus edís, en Almendralejo.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button