A base continúa dando alegrías ao Centro de Deportes Barco. Un dos seus alevíns destacados neste momento, Leo Fulla Colmenero, está convocado pola Selección Galega Sub12 de fútbol para o adestramento que terá lugar mañá, martes 11 de febreiro, no Campo da Braña en Rois (Santiago de Compostela).
Orgulloso, o presidente do club destaca o feito de que aínda é alevín “unha categoría menos”.