A “XII Ruta do Pincho O Barco vai de viños”, na que participaban 18 locais de hostalaría da vila, xa ten ganadores. Os pinchos galardoados nesta edición dábanse a coñecer esta mañá nun acto celebrado na Casa do Río Cigüeño. Despois de que o público emitise a súa valoración votando aos mellores pinchos da ruta resultaban como pinchos finalistas os de Alpha Raíces, Café Teatro Baixo 5, A Maltería e Taberna O Buraco (ordenados alfabeticamente).
Neste sábado un xurado profesional visitaba os catro eses catro establecementos para decidir os catro premios desta edición. Finalmente, coñecíase o seu fallo: o mellor pincho da ruta, e polo tanto o primeiro premio, correspondíalle ao elaborado polo Alpha Raíces, mentres que o segundo recaía no do Restaurante Piquiño, o terceiro era para o Café Teatro Bajo 5 e o como finalista no cuarto lugar quedaba a Taberna O Buraco.
O xurado profesional estaba formado pola sumiller Mercedes González, pola nutricionista Anabel Fernández, pola responable do panel de Cata da D.O. Bierzo, Sonia Soto; e polo xefe de cociña do Hotel Restaurante San Cibrao, Daniel Fernández.
O acto de entrega dos galardóns contaba coa presenza de dous dos membros dese xurado, así como coa da presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández, e do concelleiro de Turismo do Barco, Eladio Santos, así como dos hostaleiros finalistas.
Esta 12ª edición da ruta, celebrada do 12 ao 20 de xaneiro, resultaba todo un éxito de participación e vendíanse de máis de 9.000 petiscos. Este evento gastronómico ten sido promovido pola Asociación Empresarial de Valdeorras, o Centro Comercial Aberto O Barco e o Concello. Dende a organización destacaban que o “mellor premio é o do público, que participou de maneira destaca na ruta”.
Fotos: A.R.