CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O alumnado do CEIP Manuel Respino da Rúa aprende a lingua de signos

Da man de representantes da Confederación Estatal de Persoas Xordas, os escolares achegábanse a esta singular linguaxe nunha actividade promovida pola ANPA desde colexio

Neste venres 26 de abril o alumnado do CEIP Manuel Respino da Rúa recibía unha clase moi especial. Ata este centro desprazábanse representantes da Confederación Estatal de Persoas Xordas para amosarlles aos rapaces como se comunican a través da linguaxe de signos.

A lingua oral básease na comunicación mediante unha canle vogal-auditiva, en cambio, a de signos emprega unha canle xesto-viso-espacial. Así o descubrían os rapaces que se achegaban ao alfabeto dactilóxico, aprendían os días da semana ou como se aplaude neste tipo de linguaxe.

Esta actividade foi promovida a través da ANPA do CEIP Manuel Respino da Rúa e forma parte do completo programa de propostas que está a desenvolver durante este curso.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button