CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado do Colexio Divina Pastora do Barco coñece o labor do Parlamento galego

Dous exdeputados autonómicos, María Xosé Vega e Manuel Luís Rodríguez, impartían unha charla no centro

 

As funcións do Parlamento de Galicia, a súa composición e órganos e labor que se desenvolve nesta Cámara autonómica eran abordados nunha charla-coloquio que se celebraba esta mañá no Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco. Ata o centro valdeorrés desprazábanse dous exdeputados galegos María Xosé Vega Buxán e Manuel Luis Rodríguez, que nesta sesión divulgativa ademais de expoñer a realidade do Parlamento galego, principal institución política da comunidade, respondían ás preguntas dos estudantes.

 

 

Estas charlas-coloquios están organizadas polo Parlamento de Galicia e pola Asociación de Exparlamentarios.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button