




































































Con numerosos carteis, moitos deles coas cores da bandeira ucraína, consignas a favor da paz e contra a guerra, os seis centros educativos do Barco realizaban esta mañá unha marcha pola paz dende ata a praza do Concello, cortando a estrada xeral da vila.
Arredor das 12h. o alumnado do Colexio Divina Pastora, dos CEIP Julio Gurriarán, Condesa de Fenosa e Otero Pedrayo, así como os dos IES Lauro Olmo e Martaguisela, enchía a praza do Concello e dábase comezo a un acto no que os estudantes convertíanse en protagonistas. Líanse mensaxes a prol da paz non só en Ucraína, senón no conxunto do mundo, e seguidamente, líase un manifesto por parte de dúas alumnas do IES Martaguisela que concluía cun minuto de silencio.
Fotos: A.R.
7 de Abril de 2022