EconomíaEconomíaÚltima hora

O alumnado dun curso de formación micolóxica visita Shiitake Trives

 

A ONG ourensá valoReSC, organiza por segundo outono consecutivo, un curso de formación micolóxica no que participaron persoas do colectivo en risco de exclusión social. Ao longo de sete xornadas recibiron a formación botánica básica para a identificación de especies e información sobre o cultivo e comercialización de cogomelos entre outras cuestións técnicas.

Realizaron saídas ao monte para a recollida, identificación e clasificación, visitaron empresas do sector e coñeceron experiencias para o aproveitamento da riqueza micolóxica de Ourense baixo a tutela do divulgador micolóxico Alejandro Mínguez.

A iniciativa tivo “moi boa acollida o ano pasado”, e a entidade promotora decidiu repetila neste 2021 ao “tratarse dunha temática de vangarda con proxección de futuro no medio rural ourensano, ben como actividade principal ou ben como complemento a outro cultivo principal. Entre as empresas que visitadas estivo Shiitake Trives que está dedicada ao cultivo e comercialización desta especie micolóxica de orixe oriental no entorno máis próximo á capital trivesa e tamén visitaron as instalacións micolóxicas de Celanova. O obxectivo ao marxe da formación é que poidan ter a posibilidade de montar unha empresa do sector como saída profesional”, segundo a organización da iniciativa.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button