OurenseÚltima hora

O Anfiteatro da Veracruz do Carballiño acollerá os “Contos a pé de rúa”

Terá lugar o mañá, venres 17 de xullo ás 20:00 horas

O Anfiteatro da Veracruz do Carballiño acollerá os “Contos a pé de rúa” da compañía A Trastenda dos Contos. Terá lugar mañá, venres 17 de xullo ás 20:00 horas.

“É unha actividade de interese para asistir en familia, e que terá lugar con aforo limitado e cumprindo todas as medidas de seguridade e prevención polo Covid-19. Así, o recinto estará valado e desinfectado, haberá hidroxel para desinfectar as mans e deberanse usar máscaras”, explican dende a concellaría de Educación do Carballiño.

 

Cartel da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button