ConcellosLubiánÚltima hora

O antigo ritual do Carro enfeitado percorrerá as rúas de Lubián o 8 de setembro

 

Un carro adornado con diversos elementos vexetais e tirado por un tractor, seguido dunha numerosa comitiva formada polos veciños e pola música, volverá percorrer Lubián na tarde do 8 de setembro. Deste xeito esta localidade zamorana, lindeira con Galicia, mantén vivo un ancestral ritual: o “Carro enfeitado”.

Esta celebración terá lugar a partir das 17h. do vindeiro venres 8 de setembro. O Carro enfeitado estará acompañado, unha vez máis, da música da Charanga Nova de Trives e do baile da veciñanza, que levará os habituais panos encarnados no pescozo.

 

 

Con esta tradición, seguida o día 9 da Festa en Lubián coa charanga Fuego, abrirase o programa do “Verán Cultural” de setembro neste municipio zamorano.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button