CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O antropólogo Manuel Mandianes, na Biblioteca Municipal de Verín

“A Traxedia Da Emigración” era o título da conferencia que o antropólogo ourensán Manuel Mandianes impartía na tarde do 15 de outubro na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. Na súa intervención abordaba a “traxedia” persoal, familiar, social e económica que supón a realidade da emigración.

Esta conferencia enmárcase no ciclo de actividades que se están a desenvolver no mes de outubro na Biblioteca de Verín para conmemorar o Día Internacional da Biblioteca. O programa continuará o 21 de outubro da man de Miguel Losada (da SAGA), quen impartirá unha nova ponencia sobre “O mundo da morte, as ánimas e os defundos na cultura galega”.

Fotos: Concello de Verín

Artigos relacionados

Back to top button