Palabras para encher o corazón e poder voar en soños, palabras en galego. Era a petición singular que recibía un día o Apalpador no seu fogar, alá no Courel. Estaba nunha carta que lle escribía a nena sen medo. Así o descubrían os cativos que na tarde deste 30 de decembro asistían na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco ao espectáculo infantil “O Apalpador e a nena sen medo”, da Xanela do Maxín. Ademais seguín os pasos do Apalpador para intentar cumprir ese desexo tan especial.
Esta obra, realizada en colaboración con Semente Compostela, está baseada nun poema de Sechu Sende.
Fotos: A.R.