Cada vez queda menos para as datas centrais do Nadal e un ano máis o Apalpador visitará A Rúa acompañado dunha comitiva dos alumnos da Escola de Música e Baile Tradicional Abertal, enchendo as rúas do pobo de panxoliñas e caramelos.
Será o venres 22 de decembro a partir das 18:30 horas cun pasarrúas que comezará na rúa Campo Grande e rematará na praza do Concello. Tralo percorrido xuntaranse todos na Casa da Cultura para merendar.
A actividade de Nadal está organizada pola Asociación Cultural Abertal en colaboración con A Ruada Teatro.