O atleta valdeorrés Alejo Ares (Adas), campión galego de milla en ruta
10 de Abril de 2019
Na categoría feminina da proba disputada en Santiago, impoñíase Raquel Meaños do Valencia EsportsAlejo Ares e Raquel Meaños no alto do podio./ Foto: FGA.
Alejo Ares, atleta do ADAS Proinor do Barco de Valdeorras, segue sumando títulos ao seu currículo deportivo. O último conseguíao o pasado domingo en Santiago de Compostela onde se convertía no novo campión de Galicia absoluto de milla en ruta.
O deportista valdeorrés impoñíase cun rexistro de 4:34 seguido por Elian Numa López do Coruña Comarca a un segundo do campión, e por Ivo Maseda do Lugo RC Ramos Loures a tres segundos.
Na categoría feminina o triunfo era para a internacional do Valencia Esports, Raquel Meaños, que entraba en liña de meta cun crono de 5.34. A prata foi para Laura Santos do Lucus C.R. con 5:40 e o bronce para Aida Martínez do Atletismo Porriño con 5:59.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.