DeportesÚltima hora

O Auriense F.G. enfróntase este domingo ao recén descendido Mecos do Grove

O partido da liga masculina será no Campo da Universidade ás 16:30 horas

Despois da axustada vitoria da semana pasada na Illa de Arousa ante o Dorna, o equipo masculino do Auriense F. G. (o único representante ourensán na Liga Galega de Fútbol Gaélico) recibe este domingo 22 de xanaeiro aos Mecos do Grove, recén descendido e claro favorito para o ascenso.

O partido será ás 16:30h. no Campo da Universidade e un resultado favorable para os ourensáns incrementaría a vantaxe cos seus perseguidores e, deixaría ao Auriense como líder en solitario ao final da primera volta.

Con respecto ao equipo feminino, disfrutará dunha xornada de descanso trala derrota do pasado domingo contra as Fillas de Breogán.

Artigos relacionados

Back to top button