Deportes

O Auriense FG masculino e feminino, na Copa Shield

A competición celébrase na Coruña e contará con equipos de toda a Península Ibérica
Partido de fútbol gaélico en Ourense.

Mañá,  sábado 3 de xuño, os conxuntos masculino e feminino do Auriense, participarán na competición pola Copa Shield que se celebrará na cidade da Coruña.

O torneo está organizada por Fill@s de Breogán, e disputarase paralelamente ás finais do campionato ibérico, reúne “aos mellores equipos da península”, aseguran dende o Auriense. No cadro feminino Fillas de Breogán tratará de revalidar título e, no cadro masculino, Irmandinhos, Estrela Vermella e Fillos parten tamén coma favoritos, contra equipos chegados dende Madrid, Andalucía ou Zaragoza.

As finais serán retransmitidas en directo pola TVG na tarde do sábado. “Outro paso histórico na confirmación deste deporte en Galicia e con traxectoria xa a nivel mundial”, asegura Millán Brea dende o club ourensán.

Artigos relacionados

Back to top button