OurenseÚltima hora

O Auriense FG ponse a punto para a vindeira tempada

A presentación dos equipos masculino e feminino será o vindeiro sábado cos partidos ante o Turomia de Gondomar

Moi intensa foi esta fin de semana para o Auriense masculino, con dous enfrontamentos de pretempada contra equipos moi duros. O sábado, o equipo ourensán gañou con solvencia a Herdeiros de Dhais, no primeiro encontro que disputaba no formato 9 contra 9, por un 9 (1-6) a 21 (3-12), “aproveitando o seu acerto nas contras e a puntería no tiro por paus”, explican dende o club. Na xornada do domingo, o resultado foi adverso, véndose superando polo Keltoi de Vigo, por un 31-20.

O Auriense masculino, aínda sen todo o plantel e con novos xogadores adaptándose ao deporte, busca este ano “competir no grupo de candidatos á liga, nun formato de competición máis espectacular, de 9 contra 9, e cunha primeira volta de todos contra todos e nos que, os 4 mellores competirán por gañar o título”.

A próxima cita será sábado día 8, no Campo da Universidade, cando presentarán aos afeccionado os equipos masculino e feminino, que disputarán os seus encontros contra o Turomia de Gondomar a partir das 18 horas.

Artigos relacionados

Back to top button