CulturaCulturaÚltima hora

O Barco acollerá a estrea da obra “Formigas no peto” de Ítaca Teatro

Está prevista para o vindeiro venres 22 de outubro ás 21h. no Teatro Lauro Olmo

 

No escenario Teatro Lauro Olmo do Barco terá lugar o vindeiro venres 22 de outubro ás 21:00h a estrea absoluta da obra “Formigas no peto” de Ítaca Teatro, escrita por Ana Carreira e José Campanari, dirixida por este último e interpretada por Carlos Rebolo.

Esta proposta, cunha duración duns 80 minutos, mestura o teatro de imaxes, coa narración oral e co teatro de actor e fala da memoria individual e colectiva. “Formigas no peto” mergullará ao espectador na infancia, “como cerne do noso ser, a través da memoria do protagonista, unha memoria que en parte podería ser a nosa, porque nela danse a man o individual e o colectivo, o que nos fai únicos e o que nos vencella cos demais”, segundo a compañía.

Horarios das funcións no Teatro Lauro Olmo

Dende a Concellería de Cultura do Barco vén de informarse de novidades nos horarios do Teatro Lauro Olmo. Así, todas as funcións dos venres darán comezo ás 21:00h. As que sexan en sábado ou domingo realizaranse ás 20:00 e as infantís/público familiar ás 19:00h.

Artigos relacionados

Back to top button