CulturaCulturaÚltima hora

O Barco acollerá este xoves a presentación da reedición dos poemarios de Florencio Delgado Gurriarán

Da man de Editorial Galaxia, o evento será ás 20 horas no Edificio Multiusos e contará coa intervención de Ricardo Gurriarán e Elva Delgado

 

Case noventa anos despois de que a Editorial Nós publicase o seu primeiro poemario, os versos de Florencio Delgado Gurriarán volven á imprenta e o próximo xoves, 16 de febreiro a Editorial Galaxia presentará no Barco de Valdeorras a reedición de Bebedeira (Editorial Nós, 1934), Galicia Infinda (Editorial Galaxia, 1963) e O soño do guieiro (Ediciós do Castro, 1986).

Son os tres poemarios concebidos como tal por Florencio, quen tamén participou na obra colectiva Cancioneiro da loita galega (PG México, 1943) e coordinou a recompilación da súa obra recollida en Cantarenas (Edicións do castro, 1981).

A presentación será ás 20 horas no Edificio Multiusos do Barco e contará coa presenza de Ricardo Gurriarán e Elva Delgado, ambos familiares do autor, que serán presentados polo alcalde do Barco, Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button