Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Barco acollerá o 27 de novembro o Campionato galego de relevos de orientación

 

Volve a competición deportiva ao Malecón do Barco. Na mañá do vindeiro domingo 27 de novembro disputarase nesta vila o Campionato galego de relevos mixtos de orientación. Comezará ás 11h. no Malecón. A distancia a percorrer será diferente en función das categorías (infantil, xuvenil, sénior, veteranos, iniciación curta e iniciación longa).

Da organización da proba formará parte o Club Peña Trevinca Barco, a Federación Galega de Orientación, entre outras entidades, como o Concello do Barco.

Ademais, no marco desta proba procederase á entrega de trofeos das ligas galegas de orientación 2022.

 

Artigos relacionados

Back to top button