
Tras o galego absoluto de clubs celebrado en abril, as pistas barquenses de Calabagueiros (O Barco) acollerán na vindeira fin de semana, 5 e 6 de xuño, a segunda proba autonómica no que vai de de tempada. Trátase do Campionato Xunta de Galicia Sub23 en pista ao aire libre e do Campionato galego de probas combinadas Absoluto e Sub23.
A competición iniciarase ás 17h. do sábado 5 de xuño e continuará o domingo día 6 a partir das 9:30h. e prolongarase ata ás 20:30h. aproximadamente.
Este evento deportivo será organizado pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) co patrocinio do Concello do Barco e do Adas.
Por outra banda, dous días antes dos galegos, o 4 de xuño, está prevista tamén nas pistas barquenses a II Xornada de Promoción de Atletismo en pista a partir das 17:20h. da tarde.