ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco adopta medidas ante a turbidez da auga en Candís e Coedo debido aos arrastres das chuvias no terreo queimado

A partir desta tarde o Concello do Barco colocará nos núcleos de Candís e Coedo dous avisos para informar aos veciños das medidas que se adoptarán para que poidan dispor de auga nestas poboacións debido “ao alto grao de turbidez que adquiriu a auga da traída polos arrastres xerados no arroio Candís polos restos dos incendios, e isto combinado coas chuvias dos últimos días”.

No caso de Candís, o aviso indica que “nas próximas horas vaise proceder á limpeza do depósito de auga e a enchelo cun camión cisterna ata que a auga estea nas precisas condicións para a súa utilización para o consumo domiciliario”.

No referente a Coedo, “e dada a imposibilidade de encher o depósito cun camión cisterna homologado, procederase a repartir auga embotellada a todos os domicilios. Esta situación manterase ata que a auga do abastecemento adquira as condicións desexables para o seu consumo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button