ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco aposta pola lousa nun letreiro instalado nunha das entradas á vila

 

Nesta mañá procedíase á colocación dun letreiro de “O BARCO”, con letras feitas en lousa, na rotonda de entrada ao Barco desde a N-120 por Veigamuíños. “As letras foron instaladas polos traballadores do servizo de Obras do Concello do Barco, dirixidos polo concelleiro Miguel Neira, e nos próximos días terminarase o traballo de adecuación da rotonda, na que se colocarán elementos vexetais para destacar o letreiro, con flores de tempada. Tamén se instalará iluminación de leds, para que as letras sexan visibles de noite”, segundo adiantan dende o Concello.

Con este letreiro o Concello aposta por “dar importancia ao material que representa á comarca de Valdeorras, e que supón a base da economía da zona. As letras foron doadas por Pizarras Los Tres Cuñados, empresa que quixo colaborar co pobo do Barco neste proxecto”.

Fotos: cedidas, agás a última da galería que é de Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button