DeportesÚltima hora

O Barco, capital española das augas bravas

Publicidade
Na fin de semana do 25 e 26 de maio as augas do río Sil acollerán tres competicións nacionais de descenso desta modalidade de piragüismo
Jesús Rodríguez, na saída dunha das probas da pasada edición do campionato de augas bravas no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na fin de semana do 25 e 26 de maio no río Sil terá lugar unha triple cita nacional de descenso de augas bravas coa participación de padexeiros galegos, entre eles os locais do Fluvial Barco, pero tamén doutros puntos de España como Cataluña ou Castela e León.

Así o 25 de maio ás 15:30h. comezará a Copa España clásica individual con saída dende Éntoma. Ás 18h. darase paso ao campionato de España por patrullas (equipos) clásica, tamén dende Éntoma. En ambos casos a meta estará na pasarela do Salgueiral (no Paseo do Malecón).

E xa na xornada do domingo 26 de maio ás 10h. comezará a terceira das probas nacionais, a Copa España sprint individual. Nesta ocasión o punto de partida dos piragüistas será a praia das Cortes e a meta situarase na zona de baño do Cachón. Esta competición, que contará cunha destacada representación valdeorresa, será ademais campionato galego de augas bravas. Este evento deportivo estará organizado pola Federación Galega de Piragüismo e polo Club Fluvial Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button