EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco CCA e Cruz Vermella Valdeorras lanzan a campaña “As etiquetas, só para os produtos”

Publicidade
Nela repartiranse bolsas de papel nun total de 68 establecementos comerciais que llas entregarán coas compras aos seus clientes

Nace para convidar “á reflexión sobre a influencia de estereotipos e perxuízos asociados á idade, ao xénero, á orixe, á cultura… que poden supor barreiras”. Con estas palabras resumía Maximino Alonso, presidente da Asemblea de Cruz Vermella Valdeorras, o obxectivo da campaña “As etiquetas, só para os produtos”, que está entidade vén de lanzar en colaboración co Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

 

Imaxe das bolsas.

Esta iniciativa presentábase na mañá do 28 de xuño na sede da Cruz Vermella e nela contábase coa asistencia da xerente do Barco CCA, Lucía Prado, e tamén da súa presidenta, Sandra Moldes. Consistirá, segundo matizaba Maximino Alonso, na utilización das bolsas da Cruz Vermella, co lema da campaña impreso, durante o período das rebaixas (do 7 ao 15 de xullo). Estas bolsas repartiranse en 68 dos comercios asociados ao CCA.

Ademais, isto coincidirá “coa próxima entrada en vigor do Real Decreto sobre redución do consumo de bolsas de plástico, polo que, a partir do 1 de xullo, este tipo de bolsas deberán cobrarse”, engadía Alonso.

Pola súa banda, Lucía Prado, agradecía a colaboración da Cruz Vermella e referíase á sinerxia xerada entre o sector comercio e a entidade benéfica a través desta campaña.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button