EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA súmase á campaña “No emprego, conectados polo talento” da Cruz Vermella

Desenvolverase os días 25 e 26 de setembro nos establecementos desta asociación que entregarán aos seus clientes portamascarillas e xeles hidroalcohólicos co lema da campaña

Material que se distribuirá na campaña./ Foto cedida.

 

Promover a igualdade de oportunidades e de trato no mercado laboral traballando en estreita colaboración coas empresas galegas. Este é o obxectivo da campaña “No emprego, conectados polo talento” que se porá en marcha os días 25 e 26 de setembro no Barco. Trátase dunha iniciativa da Cruz Vermella á que se suman ás empresas do Barco Centro Comercial Aberto.

Así no vindeiro venres e sábado os establecementos que forman parte desta entidade poderán distribuír entre os seus clientes portamascarillas e xeles hidroalcohólicos co lema da campaña e cos que se convida, á cidadanía en xeral e ás empresas en particular, a reflexionar sobre a importancia de primar o talento das persoas fronte a posibles prexuízos e estereotipos no seu acceso ao emprego.

Esta iniciativa, que levará tamén a cabo noutras cidades galegas, forma parte do proxecto Reto Social Empresarial, do Plan de Emprego de Cruz Vermella, e leva a cabo co financiamento do Goberno de España e do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social ( POISES).

 

Representantes do Barco CCA e da Cruz Vermella Valdeorras na presentación desta campaña no Barco./ Foto cedida.

 

Un dos obxectivos desta nova campaña é que máis empresas  se incorporen a este reto e xeren novas alianzas de colaboración con Cruz Vermella. Trátase de empresas que colaboran e permiten aos participantes mellorar a súa empregabilidade a través de visitas de orientación, facer prácticas formativas non laborais ou ben obter un contrato, entre outros. “En definitiva, son empresas que rompen cos estereotipos e bríndanlles oportunidades laborais a persoas que realmente o necesitan e, sobre todo, danlles a oportunidade de demostrar o seu talento, a súa motivación e a súa profesionalidade”, din dende a entidade benéfica.

“Somos conscientes de que sós non podemos cambiar a contorna, por iso as empresas son un socio fundamental para os nosos proxectos de emprego, xa que son quen na práctica poden ofrecer unha oportunidade de acceso ao emprego para as persoas coas que traballamos” explica Noelia Maio, responsable do proxecto “Reto Social Empresarial” na Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button