En portadaÚltima hora

O Barco celebra o Día de Todos os Santos a pesar da chuvia e o vento

Mañá está prevista a celebración do Día de Fieis Defuntos ás 12h. na igrexa de Santa Rita no Barco

 

Numerosas persoas se reunían esta tarde no cemiterio municipal do Barco para conmemorar o Día de Todos os Santos, pese ás malas condicións meteorolóxicas. Dende hai días os barquenses preparaban e engalaban con multitude de flores os sepulcros dos seus familiares para esta data.

O párroco do Barco, Jesús Álvarez, iniciaba a celebración relixiosa, prevista para as catro e media da tarde, cinco minutos do previsto ao empeorar o tempo e comezar a caer gotas. No seu decurso, con momentos de chuvia e forte vento, o sacerdote facía unha mención ás persoas falecidas, cunha mención especial as do último ano na vila e enterradas neste cemiterio, citando, un a un, os seus nomes e apelidos. Eran un total de 21. Detrás de cada un destes nomes, dicía o sacerdote “hai unha “historia familiar”, indicando que os seus seres queridos lembrábanas hoxe de xeito especial.

A misa finalizaba, cun reponso do sacerdote por cada unha das partes do cemiterio barquense.

Para a regulación do tráfico tanto na chegada ao cemiterio como na saída, contábase coa Policía Local e co GES Valdeorras.

Mañá está prevista a celebración do Día de Fieis Defuntos ás 12h. na igrexa de Santa Rita no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button